Autocaravanas

Cariño dispón dunha área de servizo gratuíta para autocaravanas situada na zona da Basteira, a carón da praia e do paseo marítimo. Conta con servizo de recollida de augas grises e negras así como unha fonte de auga.

Existe recollida selectiva de lixo nas inmediacións.

Varios parques infantís e merendeiros, así como supermercados e restaurantes están a menos de 500m.

Un carril bici conecta a área co centro de Cariño, onde está a zona antiga, e o porto.

As rutas de senderismo 1 e 2 (enlaces con rutas 1 e 2), que van a Cabo Ortegal e a Figueiroa respectivamente, saen da Casa do Concello e son doadamente accesibles desde a Área de AC.

Non existen prazas exclusivas para autocaravanas pero pódese aparcar doadamente nas inmediacións.

Características da Área de Autocaravanas

  • Nome: Área de servizos para Autocaravanas de Cariño
  • Enderezo: Rúa Concepción Arenal, 23. 15360 Cariño
  • Municipio: Cariño
  • Provincia: A Coruña
  • Nº prazas: 6, non exclusivas, posibilidade de aparcar nas inmediacións
  • Entorno: Urbano
  • Tarifa: Gratis
  • Coordenadas GPS: 43.73361/-7.87444 N43º 44' 1'' / W7º 52' 28''