Birding (observación de aves)
O concello de Cariño así como o resto do xeodestino Ferrolterra-Rías Altas posúe numerosos espazos naturais protexidos e hábitats moi diversos. Aproximadamente o 75% do territorio municipal conta con algún tipo de protección de tipo medioambiental.
A zona da Ría de Cariño-Ortigueira está definida como unha Zona de Especial Conservación pola Rede Natura 2000, Zona de Especial Protección de Aves (Z.E.P.A.) e incluida na Rede Internacional de Humidais (Convenio RAMSAR). Existen diferentes hábitats (ribeiras fluviais, marismas, chairas intermareais... ), por tanto os puntos de observación son variados e ofrecen moitas opcións, polo que vale a pena recorrer tranquilamente o entorno, incluindo as praias e campos arbolados próximos á Ría.
O Porto de Cariño é un lugar excelente para avistar gaivotas, sen dúbida un dos mellores do sur de Europa. Aquí téñense observado ata 18 especies de láridos e en pleno inverno pódense ver algunhas gaivotas tan escasas como a gaivota polar ou a hiperbórea. Tamén inverna aquí o pilro escuro que se pode atopar entre as pedras dos espigóns. Outras especies como as gabitas ou os pilros comúns e tridáctilos son tamén habituais.
Os cantís de Ortegal é outra zona para poder observar aves. Forma parte do Lugar de Interese Comunitario (L.I.C.) Costa Ártabra sendo o seu expoñente máis elevado os cantís de Herbeira, con espectaculares vistas. Forman parte da Serra da Capelada, e son os cantís de maior altura sobre o nivel do mar de Europa continental, superando lixeiramente os 600 m.s.n.m. Nesta fermosa paraxe cría a pica alpina, propio de cotas máis altas e vese facilmente durante todo o ano. En abril os merlos papoblancos detéñense aquí antes de saltar ás Illas Británicas e Escandinavia para aniñar. Durante a migración de outono chegan desde o mar bandos de bisbitas comúns e lavercas, así como tamén é posible ver píldoras douradas e bandos mixtos de frinxílidos no inverno. Aves moito máis escasas son a escribenta das neves, a escribenta lapona ou a píllara rubia. Unha boa opción para visitar esta zona é achegarse á garita de Vixía Herbeira e percorrer desde alí os prados adxacentes, aínda que toda a zona ofrece boas oportunidades.
TWITCHING
É ben sabido que hoxe en día un bo número de ornitólogos desfrutan tratando de observar unha nova especie divagante, son os coñecidos como “twitchers” . Esta actividade, o “twitching” leva a algúns observadores de aves a percorrer centos de quilómetros cara un lugar concreto para observar unha nova especie.
Pola súa orientación xeográfica, Cariño é punto de referencia para este tipo de ornitólogos, téndose rexistrado no noso territorio un amplo número de especies divagantes. Os mellores puntos para probar fortuna son a praia da Concha (Cariño), a Ría e os prados próximos a esta, e a mellor época é, sen dúbida, o outono.
Na Ría foron observadas especies de anátidas como o Ánade sombrío (Anas rubripes), Silbón americano (Anas americana), o Ánsar piquicorto (Anser brachyrhynchus), a Serreta grande (Mergus merganser) ou o Cisne cantor (Cygnus cygnus).
Tamén foron rexistrados limícolas como o Correlimos de Alaska (Calidris mauri), Archibebe patigualdo grande (Tringa melanoleuca) ou o Andarríos maculado (Actitis macularius), así como o Charrán de Forster (Sterna forsteri).
Con forte temporal convén sempre achegarse tanto ao porto como á praia de Cariño, onde se viron os raros Escribano de Gmelin (Emberiza leucocephalos) e a Gaivota guanaguare (Larus atricilla). Outras especies rexistradas en Cariño son o Pardillo Sizerín (Carduelos flammea), a Becacina Real (Gallinago media) ou, máis recentemente, a Laverca Cornuda (Eremophila alpestris).
Outros lugares da comarca para observar aves
- Cabo de Estaca de Bares (Mañón)
- Lagoa da Frouxeira e o encoro das Forcadas (Valdoviño)
- Ría de Ferrol
- Fragas do Eume (Pontedeume, Monfero, A Capela)